jueves, 21 de enero de 2016

Organismos transxénicos

William H. Velander, Henryk Lubon e William N. Drohan
Ao ano de nacer Genie, a nosa porquiña experimental, criaba xa a sete fermosos bacoriños, subministrándolle co seu leite os moitos nutrintes que necesitan para vivir e engordar. A diferencia doutras cochas, o leite de Genie contén tamén unha substancia que algunhas persoas gravemente enfermas requiren con apremo: a proteína C humana. Tradicionalmente, esas proteínas sanguíneas obtivéronse mediante métodos que implican o procesamento de grandes cantidades de sangue humana procedente de doazóns ou o cultivo de inxentes cantidades de células en enormes biorreactores de aceiro inoxidable. Pero Genie produce proteína en abundancia e sen necesidade de axuda. É a primeira porca do mundo que fabrica unha proteína humana no seu leite.
Geni coroa un proxecto de investigación concibido dez anos atrás. En colaboración con especialistas na obtención destas proteínas do sangue, adscritos á Cruz Vermella Americana, consideramos a posibilidade de cambiar a composición do leite dun animal para incluír macromoléculas de perentoria necesidade. En teoría, unha aproximación deste tipo podería xerar a cantidade que se precisara de calquera das proteínas do sangue utilizadas con fins terapéuticos, produción que acostuma ficar moi curta.
A demanda deste tipo de medicamentos é ampla e diversa. Pensemos nos hemofílicos, necesitados de axentes coagulantes, en especial de Factor VIII e Factor IX, dúas proteínas sanguíneas. Certas persoas cunha deficiencia conxénita precisan proteína C extra (que controla a coagulación) para suplementar as súas escasas reservas; tamén poden beneficiarse delas os doentes que sufriron certas intervencións cirúrxicas de substitución. Outro exemplo da importancia das proteínas do sangue con fins terapéuticos atopámolo nas persoas que sofren cardiopatías ou accidentes cerebrovasculares.

(Investigación y Ciencia, Marzo, 1997)

No hay comentarios:

Publicar un comentario